Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 12 de setembro de 2014 Páx. 38705

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de adxudicación de contrato de servizos nos colexios de Vilalba.

1. Entidade adxudicataria: Concello de Vilalba (Decreto da alcaldía nº 50). Data de adxudicación 21.7.2014. Contratista adxudicatario: Ana Mª Galdo Río. Formalización do contrato: 29.7.2014.

2. Obxecto do contrato: servizos de conserxaría, limpeza e mantemento básico nos colexios Monseivane en Moreda (Lanzós); Castelao de Belesar; Terra Chá en Román; Insua Bermúdez, Mato Vizoso e Escola de Educación Infantil en Vilalba.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria; b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación e adxudicación: a) Licitación: 119.834,71 €. Adxudicación: 111.500 €, sen inclusión do IVE.

O que se fai público para os efectos de dar cumprimento ao que se establece no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Vilalba, 26 de agosto de 2014

Gerardo Criado Guizán
Alcalde