Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 12 de setembro de 2014 Páx. 38667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras na Torre de Santo André e no Pazo da Contadoría no conxunto catedralicio de Tui, en Tui (Pontevedra), potencialmente financiable polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20585

2. Obxecto do contrato:

Tipo: obras.

Descrición: obras na Torre de Santo André e no Pazo da Contadoría no conxunto catedralicio de Tui, en Tui (Pontevedra).

Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

3. Orzamento base de licitación: 173.483,63 €, IVE excluído.

4. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación: 1 de agosto de 2014.

b) Data da formalización do contrato: 19 de agosto de 2014.

c) Contratista: Construcciones Mascareñas e Hijos, S.A.

d) Importe de adxudicación: 142.148,76 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2014

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria