Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 12 de setembro de 2014 Páx. 38702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a formalización do contrato do servizo de limpeza do Hospital da Costa (expediente AB-EIL2-13-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación do Hospital da Costa

c) Número de expediente: AB-EIL2-13-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza do Hospital da Costa.

c) CPV: 90911200.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE, DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE nº 2013/S 211-366329, do 30 de outubro de 2013; BOE nº 275, do 16 de novembro de 2013 y DOG nº 218, do 14 de novembro de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 3.705.221,80 € sen IVE.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.852.610,90 € sen IVE; o importe do IVE: 389.048,29 €; o orzamento total con IVE: 2.241.659,19 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20 de xuño de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 14 de xullo de 2014.

c) Contratista: Samyl, S.L. con NIF B47037577.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 1.686.412,02 € sen IVE; o importe de IVE: 354.146,52 €; total con IVE: 2.040.558,55 €.

Burela, 13 de agosto de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente da Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos