1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Patrimonio Histórico. c) Obtención de documentación e información: servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 7279-307.
2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: as obras previstas no proxecto mellora e reposición de espazos públicos no ámbito da praza da Princesa e praza de Argüelles. c) CPV: 45231000-5. d) División por lotes e número de lotes: non. e) Lugar de execución: concello de Vigo. f) Prazo de execución: 3 meses.
3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no número 8 da FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación: importe total 348.426,99 euros (IVE incluído).
5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.
6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no número 6 das follas de especificacións do contrato (FEC).
7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 26 días seguintes ao de publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
8. Apertura de ofertas: a) Enderzo: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).
9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.
Vigo, 18 de agosto de 2014
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación