Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 11 de setembro de 2014 Páx. 38320

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 1 de setembro de 2014 pola que se resolve a convocatoria pública para la provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo, anunciada pola Orde do 4 de xuño de 2014.

Mediante Orde do 4 de xuño de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 107, do 6 de xuño, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo de secretario/a da Delegación da Xunta en Montevideo, co código de posto PR.C07.00.000.15770.050, de conformidade co disposto no punto sexto da citada Orde do 4 de xuño de 2014.

Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza