De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.
A Coruña, 27 de agosto de 2014
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Interesada: Instalaciones Eurogas, S.L.
NIF: B-45726072.
Expediente: E.S. 34/14.
Acto notificado: acordo de inicio de procedemento sancionador.