Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 10 de setembro de 2014 Páx. 38240

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Nutrición (2ª edición).

Detectado erro na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 78, do 24 de abril de 2014, faise necesario realizar a oportuna corrección:

Na páxina 18653, onde di: «Para a obtención do título de máster universitario en Nutrición (2ª edición), o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster...», debe dicir: «Para a obtención do título de máster universitario en Nutrición (2ª edición), o alumnado deberá superar os 60 ECTS dos módulos de Nutrición, Metabolismo e Traballo fin de máster».