Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 10 de setembro de 2014 Páx. 38290

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO polo que se resolve a convocatoria de diversos postos de traballo polo sistema de libre designación.

Por resolución da tenente alcalde delegada de Persoal, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 9 de setembro de 2014, disponse o seguinte:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación dos postos de traballo vacantes neste concello, aprobada pola Resolución da tenente alcalde delegada de Persoal do 1 de agosto de 2014 (DOG núm. 154, do 14 de agosto).

Segundo. Adxudicarlles ás persoas que se relacionan a continuación o posto de traballo que se indica de conformidade coa relación dos postos de traballo aprobada por Acordo da Xunta de Goberno Local do 28 de xullo de 2014 e coas características que se describen na seguinte táboa:

Apelidos e nome

CD

Dpt

Dpto

Pto. traballo

Gr

N

Escala

Iglesias Prego, Mª Mónica

PE0000

Persoal

X. servizo

A1

28

AX/AE/HN

Díaz Sánchez, Mª de Loreto

IT0000

Interior

X. servizo

A1

28

AX/AE/HN

Branco de Azpiazu, Belén

SH0000

Orzamentos e Est. Ec.

X. servizo

A1

28

AX/AE/HN

González López, Elena

MU0000

Mobilidade Urbana

X. servizo

A1

28

AX/AE/HN

Ruiz Tovar, Cristina

AS0000

Acción Social

X. servizo

A1

28

AX/AE/HN

Seijo Asorey, Juan María

GT0000

Xestión Tributaria

X. servizo

A1

28

AX/AE/HN

Fernández Maroño, Pilar

PS0000

Emprego e Empresa

X. servizo

A1

28

AX/AE/HN

Anido Hermida, Juan José

IG1200

Control Financeiro

X. departamento

A1/A2

26

AX/AE

Prego Vázquez, Jaime Antonio

SE1000

Policía Local

Oficial prev. mun.

C1

18

AE

Iglesias González, Javier

SE1000

Policía Local

Policía prev. mun.

C1

16

AE

Corredoira Jack, Mª Eugenia

GA4000

Secretaría Alcaldía

Asste. Alcaldía

C1

22

AX/AE

Terceiro. Os expresados nomeamentos producirán efectos a partir da data de toma de posesión do posto de traballo obxecto desta convocatoria.

O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando se finalicen os permisos ou licenzas, que, se é o caso, fosen concedidas ao citado persoal. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. Notifíqueselles a presente resolución aos interesados, aos directores das respectivas áreas así como aos concelleiros das áreas ás cales están adscritos os postos convocados.

A Coruña, 9 de setembro de 2014

Martín González Rodríguez
Director de Facenda e Administración Pública