Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 10 de setembro de 2014 Páx. 38293

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a venda do aceiro procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Ambiental de Cerceda (expediente NC0016/2014).

Obxecto: licitación pública para a venda do aceiro procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Ambiental de Cerceda (NC0016/2014).

Data límite para a presentación das ofertas: 22 de setembro de 2014, ás 13.00 horas.

Data de apertura do sobre B: 1 de outubro de 2014, ás 11.00 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data:

En www.sogama.es, na epígrafe do perfil do contratante.

Nas oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña), telf.: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 4 de setembro de 2014

Luís Lamas Novo
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.