Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 10 de setembro de 2014 Páx. 38280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Edicto do 18 de xullo de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Costa de Eirexa, a favor dos veciños da Eirexa, parroquia de Ribela, no concello de Coles.

Advertido erro no dito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 148, do mércores 6 de agosto de 2014, é preciso publicar a seguinte corrección:

En todo o documento e no sumario, onde di:

«a favor dos veciños da Eirexa, na parroquia de Ribela, no concello de Coles»

Debe dicir:

«a favor dos veciños da Eirexa, Prados e Ribela, parroquia de Ribela, no concello de Coles».