A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar xustifícase por necesidades organizativas e funcionais da consellería.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Traballo e Benestar, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 4 de setembro de 2014, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería Traballo e Benestar, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de setembro de 2014, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2014
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública