Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 5 de setembro de 2014 Páx. 37210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 25 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-PO-0159/2014-COP.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-PO-0159/2014-COP.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

Vigo, 25 de agosto de 2014

Manuel Lago Molares
Instrutor

ANEXO

Expediente: PSC-PO-0159/2014-COP.

Persoa interesada: Óscar Besada Deza.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: travesía Areal, nº 18, Portonovo, Sanxenxo.