Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 5 de setembro de 2014 Páx. 37141

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 103/2014, do 4 de setembro, polo que se nomea directora xeral de Mobilidade a Helena de Lucas de Santos.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de setembro de dous mil catorce.

Nomeo directora xeral de Mobilidade a Helena de Lucas de Santos.

Santiago de Compostela, catro de setembro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas