Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 4 de setembro de 2014 Páx. 37119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 13 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica o requirimento de documentación da axuda socioeconómica da prima non renovable a Gonzalo Carlos Lozano Lourido.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle a:

Gonzalo Carlos Lozano Lourido o requirimento da seguinte documentación en relación coa axuda socioeconómica da prima non renovable ao abeiro da Orde do 11 de marzo de 2009 (DOG nº 55, do 20 de marzo), modificada pola Orde do 17 de xuño de 2009:

– Copia compulsada de todas as follas da libreta de inscrición maritíma que comprendan os enrolamentos desde o día 22.12.2009 ata o día 22.12.2010.

A documentación presentarase no Rexistro Único e de Información do Complexo Administrativo de San Caetano ou no rexistro de calquera dos departamentos territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en orixinal ou copia compulsada, no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte á publicación desta notificación. A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación efectuadas polo órgano concedente constitúen una causa de reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de mora correspondentes, de acordo co artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O expediente, que se relaciona a continuación está á disposición do interesado na Secretaría Xeral do Mar, Edif. Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela:

Número de expediente: PE113D 2009/58-0.

Nome: Gonzalo Carlos Lozano Lourido.

NIF: 32630653R.

Embarcación: Bertan.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2014

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar