Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 3 de setembro de 2014 Páx. 37068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo, non suxeito a regulación harmonizada, de tradución de textos a diferentes idiomas, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 29 de abril de 2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de tradución de textos a diferentes idiomas.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 239.669,42 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 18 de xullo de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 14 de agosto de 2014.

c) Adxudicataria: Orchestra Systems, S.L.

d) Importe de adxudicación: 239.669,42 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa (prezos unitarios: prezo/palabra) ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia