Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 3 de setembro de 2014 Páx. 37060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes de axuda de Plan de mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios núm. 36/50011/12A e 32/00393/07R.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio os acordos de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

As persoas relacionadas no anexo poden recoller o respectivo acordo no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecemento do dito acordo e constancia de tal coñecemento.

Segundo o artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os/as interesados/as poderán presentar cantas alegacións e documentos coiden convenientes. Dispoñen para iso dun prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte a aquel en que comparezan para recoller o devandito acordo ou a partir do día seguinte ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que comparezan. Se o/a beneficiario/a non presenta alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

1. Procedemento: expediente número 36/50011/12A, de axudas para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria.

– Interesado: Castellanos Iglesias, David.

– Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

– Último enderezo coñecido: rúa Pintor Virxilio Blanco, 13, 2º, 36003 Pontevedra.

2. Procedemento: expediente número 32/00393/07R, de axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

– Interesada: Rodríguez González, Julia.

– Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

– Último enderezo coñecido: lg. Alto do Rodicio, nº 2, 32790 Maceda (Ourense).