Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 3 de setembro de 2014 Páx. 37041

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (428/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 428/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Fuentes Seoane contra Forjas de Santiago, S.L., Santín y Otero, S.C., Rosa María Santín Gómez, Susana Seoane Otero, Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva.

Acordo ter por desistida a parte demandante da súa demanda, acordando o sobresemento das presentes actuacións e o arquivo dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación no procedemento correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Forjas de Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2014

A secretaria xudicial