Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 2 de setembro de 2014 Páx. 36976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2014/36-2, 8172 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: instalación de CT móbil para construción dos colectores xerais do río Miño.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• LMTS consistente en intercalar o CT móbil proxectado entre o CS PFU-15 e o CT G.E. El Puente en condutor RHZ1-240, coa finalidade de poder deixar sen servizo a LMTS que alimenta o CTC Agro da Ponte e poder realizar as obras de canalización dos colectores xerais do río Miño.

• CT móbil de 630 kVA, 20-6 kV/400-230; 273-175, en envolvente metálica, o cal se situará na parcela 9013, polígono 101, do catastro de Lugo.

• RBT consistente en dous circuítos que alimentarán de baixa tensión o CT do Agro da Ponte.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 1 de agosto de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas