Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 7 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se anuncia a toma de posesión de predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Sasdónigas (Mondoñedo-Lugo).

Advertido un erro no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 159, do 22 de agosto de 2014, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 36273, onde di: «… No caso contrario, poderán ser retiradas polos/as propietarios/as das parcelas de contribución no prazo establecido para a toma de posesión (30.9.2014), logo da petición ao Servizo de Montes...», debe dicir: «… No caso contrario, poderán ser retiradas polos/as propietarios/as das parcelas de contribución no prazo establecido para a toma de posesión, logo da petición ao Servizo de Montes...».