Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 18 de agosto de 2014, da Xunta Electoral constituída para os procesos electorais para a renovación dos órganos de goberno das confrarías de pescadores de Galicia e das súas federacións, sobre o calendario para as eleccións aos órganos reitores destas.

A Xunta Electoral, en aplicación da disposición adicional segunda da Orde do 29 de abril de 2014, pola que se regulan as eleccións para a renovación dos órganos reitores de confrarías de pescadores de Galicia e das súas federacións, foi convocada por medios electrónicos o día 11 de agosto de 2014. Nesta sesión aprobou o calendario para as eleccións aos órganos reitores das federacións provinciais e da Federación Galega de Confrarías de Pescadores que se xunta a este anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2014

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Presidente da Xunta Electoral

ANEXO
Calendario electoral para as eleccións aos órganos reitores das federacións provinciais e da Federación Galega de Confrarías de Pescadores

20 de setembro: elección do Comité Executivo e do/da presidente/a de cada federación provincial de confrarías de pescadores.

22 de setembro: inicio do prazo de presentación de recursos sobre a elección do Comité Executivo e do/da presidente/a de cada federación provincial ante a Xunta Electoral.

24 de setembro: fin do prazo de presentación de recursos sobre a elección do Comité Executivo e do/da presidente/a de cada federación provincial ante a Xunta Electoral.

30 de setembro: fin do prazo para a resolución de recursos sobre a elección do Comité Executivo e do/da presidente/a de cada federación provincial ante a Xunta Electoral.

1 de outubro: proclamación definitiva dos órganos reitores das federacións provinciais de confrarías de pescadores.

2 de outubro: toma de posesión dos órganos reitores das federacións provinciais de confrarías de pescadores.

11 de outubro: celebración do Pleno da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, no cal se procederá á elección dos seus órganos de goberno.

13 de outubro: inicio do prazo de presentación de recursos sobre a elección dos órganos de goberno da Federación Galega de Confrarías de Pescadores ante a Xunta Electoral.

15 de outubro: fin do prazo de presentación de recursos sobre a elección dos órganos de goberno da Federación Galega de Confrarías de Pescadores ante a Xunta Electoral.

21 de outubro: fin do prazo para a resolución de recursos sobre a elección dos órganos de goberno da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

22 de outubro: proclamación definitiva dos órganos reitores da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

23 de outubro: toma de posesión dos órganos reitores da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.