Na sesión que tivo lugar o día 25 de agosto de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril, modificada pola Orde do 19 de maio de 2014, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o día 9 de setembro de 2014 e que o lugar de realización será nas aulas 7 e 8 da Escola Galega de Administración Pública de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2014
Xan Mera Cabanelas
Presidente do tribunal