Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 19 de agosto de 2014, do Servizo de Consumo de Ourense, polo que se empraza a sociedade interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 32001-007-2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Xefatura Territorial do Instituto Galego de Consumo en Ourense o 17 de xuño de 2014.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Ourense, con enderezo na avda. de Zamora, nº 13, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 19 de agosto de 2014

Cristina Estrella Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense

ANEXO

Expediente número: 32001-007-2014.

Interesada: Tebronics, S.L.

NIF: B65709792.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.