Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2014 pola que se modifica a Resolución do 31 de xullo de 2014 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria, do contrato non suxeito a regulación harmonizada, de execución de obras (expediente 12/2014-CNTOB), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder Galicia 2007-2013).

missing image file

No número 5 da Resolución do 31 de xullo de 2014, da entidade pública Portos de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia número 148, do 6 de agosto, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, con tramitación, dun contrato non suxeito a regulación harmonizada de execución das obras que se citan (expediente 12/2014-CNTOB), disponse que os pregos e o cadro de características do contrato (CCC) se poderán obter no perfil do contratante.

Detectado un erro material no contido do CCC que rexerá a licitación das obras de nova pavimentación na explanada do peirao comercial de Brens (A Coruña), con clave  12/2014-CNTOB, nos números 2.1 e 2.2 Valor estimado do contrato e orzamento base de licitación, apróbase unha modificación do contido dos números 2.1 e 2.2 do devandito CCC, deixando sen efecto o disposto neses números e aprobando unha nova redacción do CCC, que queda do seguinte modo:

– No número 2.1 do CCC, referido ao valor estimado do contrato, onde di: «Total con IVE: 993.460,39 €», debe dicir: «Total con IVE: 893.460,39 €».

– No número 2.2 do CCC, referido ao orzamento base de licitación, onde di: «Total con IVE: 993.460,39 €», debe dicir: «Total con IVE: 893.460,39 €».

Obtención de información e da documentación corrixida:

1. Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia. Teléfono: 981 95 70 25.

2. Enderezo da internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=20586

Prazo de presentación de proposicións: a dita corrección de erros non dá lugar a un novo prazo de presentación de ofertas para participar na licitación convocada para adxudicar as obras de referencia, polo que se mantén o prazo vixente.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia