Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 27 de agosto de 2014 Páx. 36509

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (392/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela fago saber que por resolución dictada no día da data, no proceso seguido por instancia de Juan José Castro Baña contra Restaura Galicia, S.L., en procedemento de despedimento rexistrado co nº 392/14, acordouse citar a demandada, en ignorado paradoiro, a fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, Sala de Vistas 3, planta baixa, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 30.10.2014 ás 10.40 horas e ás 10.45 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta injustificada de asistencia.

Fáiselle saber que se encontra ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado o decreto de admisión da demanda, así como copia desta, e as demais resolucións ditadas no presente procedemento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Restaura Galicia, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2014

A secretaria xudicial