Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 27 de agosto de 2014 Páx. 36513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 14 de agosto de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada formulado por María Jesús Fanjul Alonso.

Con data do 23 de xullo de 2014 a conselleira de Facenda ditou resolución no que atinxe ao recurso de alzada formulado por María Jesús Fanjul Alonso contra a Resolución do 3 de xuño de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2013 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Logo de tentar, dúas veces, a notificación da citada Resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificacións, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo, por descoñecido/a en ambos os envíos.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a María Jesús Fanjul Alonso a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme aos artigos 8 e 14.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública