Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36480

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO sobre a modificación de cláusula do prego de condicións administrativas do expediente de venda da parcela 307-A, na zona da Veiga, Xinzo de Limia.

A Xunta de Goberno local do Concello de Xinzo de Limia, en sesión de data 18.8.2014, tomou o seguinte acordo: «Modificación da cláusula XIII do prego de cláusulas económico-administrativas do procedemento aberto, cun só criterio de adxudicación, para o alleamento mediante compravenda da parcela 307-A do Plan xeral da zona de concentración parcelaria de Xinzo de Limia, no lugar da Veiga, propiedade do Concello de Xinzo de Limia, con destino a solo industrial»:

Vista a cláusula XIII do prego de cláusulas económico-administrativas do procedemento aberto, cun só criterio de adxudicación, para o alleamento mediante compravenda da parcela 307-A do Plan xeral da zona de concentración parcelaria de Xinzo de Limia, no lugar da Veiga, propiedade do Concello de Xinzo de Limia, con destino a solo industrial, a Xunta de Goberno local acorda, por unanimidade dos seus membros, o seguinte:

1) Proceder a modificar a cláusula XIII do referido prego de cláusulas económico-administrativas no seguinte sentido: engadir o seguinte parágrafo, en relación coa formalización do contrato: «No suposto de que o adxudicatario optase polo sistema de pagamento aprazado, a formalización do contrato en escritura pública diferirase ao momento do pagamento do prezo, e dicir, no prazo de seis meses».

2) Ampliar o prazo de presentación de ofertas outros quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente modificación no Diario Oficial de Galicia.

3) Publicar esta modificación, no DOG, no BOP, no perfil de contratante da Deputación Provincial de Ourense e no taboleiro de anuncios do Concello.

Xinzo de Limia, 19 de agosto de 2014

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde