Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36472

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre licenza para apertura de taller.

Electrorayma, S.L. solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a apertura de taller de mantemento de equipamentos eléctricos na rúa Lagoa de Covadonga, polígono As Lagoas. Cumprindo o disposto no punto terceiro do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas no departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 16 de xullo de 2014

Pilar Suanzes Hyde
Secretaria xeral accidental