Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36450

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (142/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial en substitución regulamentaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 142/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lourdes Desiree Pazos contra o empresario Jesús García Vilares, a empresaria Rosario Sanjurjo Cabo e a empresa A Nosa Tenda Galega, S.C., sobre cantidade, ditouse Decreto 559/2014, do 21 de xullo, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia provisional total dos executados Jesús García Vilares (DNI 33287918H), Rosario Sanjurjo Cabo (DNI 33289877E) e A Nosa Tenda Galega, S.C. (CIF G15963192), pola suma de 10.461,34 euros [7.424,44 euros diferenzas salarios e vacacións máis 3.036,90 euros xuro do artigo 29.3 ET (10 % de 7.424,44 euros desde data acta conciliación SMAC, 16.11.2009, ata data sentenza 19.12.2013)] en concepto de principal, máis outros 1.046,13 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, o que se fai público para os efectos previdos no artigo 276.5 da LRXS.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2014

A secretaria xudicial