Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 25 de agosto de 2014 Páx. 36348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores que se relacionan.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar, (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 12 de agosto de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-089/2014-BIO.

Denunciada: Joaquina Martínez González.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0119/2014-IUL.

Denunciado: Fernando Ruíz Lamarca.

Acto de notificación: suspensión do procedemento.

Expediente: INC-PO-0129/2014-VNA.

Denunciada: Trelles y Rodríguez, S.C.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: SAN-PO-0013/2014-MP.

Denunciada: Paula Lage Tato.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: SAN-PO-0053/2014-IA.

Denunciado: Feliciano Rial González.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: MON-PO-0037/2014-CSA.

Denunciado: Emilio Portela Rosales.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: MON-PO-0038/2014-CSA.

Denunciado: Emilio Portela Rosales.

Acto de notificación: acordo de incoación.