Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 22 de agosto de 2014 Páx. 36301

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO do Plan económico financeiro 2013-2014.

Na sesión celebrada polo Pleno o día 11 de xullo de 2014 adoptouse o acordo de aprobación do plan económico financeiro para o período 2013-2014, que se somete a información pública nas dependencias da Secretaría do Concello de Pedrafita do Cebreiro.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 23 da Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, en relación co artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, para a súa publicación.

Pedrafita do Cebreiro, 23 de xullo de 2014

José Luis Raposo Magdalena
Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos
do Camiño Francés