Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 22 de agosto de 2014 Páx. 36293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de limpeza en diversos centros de saúde e, se é o caso, puntos de atención continuada (PAC) (expediente AB-EIO1-14-004).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos, Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Sección de Contratación Administrativa.

2) Enderezo: rúa Ramón Puga, 54.

3) Localidade e código postal: 32005, Ourense.

4) Teléfono: 988 38 57 02.

5) Telefax: 881 54 70 69.

6) Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIO1-14-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza en diversos centros de saúde e, se é o caso, puntos de atención continuada (PAC), dependentes da Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes: si, dous (2) lotes.

d) Lugar de execución: nas instalacións dos centros peticionarios vinculados ao procedemento. Véxase cláusula 2.1.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: tres (3) anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase número 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 3.328.808,30 euros, IVE excluído. Valor estimado por lotes: lote 1: 1.874.812,20 euros, IVE excluído. Lote 2: 1.453.996,10 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.349.516,88 euros. Importe total: 1.632.915,42 euros.

Lote 1. Importe neto: 760.059, 00 euros. Importe total: 919.671,39 euros

Lote 2. Importe neto: 589.457,88 euros. Importe total: 713.244,03 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: si, véxase cláusula 5.3.1, letra g), do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase cláusulas 5.3.1, letra h) e letra i), do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 9 de setembro de 2014. Se o último día de presentación ou envío de ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

2) Enderezo: Edificio Santa María Nai, planta 3, rúa Ramón Puga, 56.

3) Localidade e código postal: 32005, Ourense.

4) Enderezo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

b) Localidade e código postal: 32005 Ourense.

c) Data e hora: a data e hora de realización das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil de contratante (http://www.sergas.es).

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/s adxudicatario/s. O importe máximo estimado indícase no número 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 4 de agosto de 2014.

12. Outras informacións:

a) Cumprimento das obrigas do contratista adxudicatario cos subcontratistas. Véxanse números 8.10.4 e 8.10.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Publicación anterior: anuncio de información previa DOUE 2014/S 002-001671, do 3 de xaneiro de 2014.

Ourense, 4 de agosto de 2014

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras