Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 22 de agosto de 2014 Páx. 36287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación do servizo de información e atención telefónica para o Hospital do Salnés, centro dependente desa estrutura de xestión integrada, mediante procedemento aberto, multicriterio, tramitación ordinaria e contratación documentalmente simplificada (expediente AB-EIP1-14-015).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avenida de Vigo, 16.

3) Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborais, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-14-015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de información e atención telefónica para o Hospital do Salnés, centro dependente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital do Salnés.

1) Domicilio: rúa Hospital do Salnés, 30.

2) Localidade e código postal: O Salnés, 36616.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 64214200-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 111.375,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 49.500,00 €. Importe total: 59.895,00 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte) ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, 2.

3) Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.

4) Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura das propostas.

b) Dirección: publicarase no perfil de contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.

d) Data e hora: a data e a hora de realización da apertura dos sobres B e C publicarase no perfil de contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario ou adxudicatarios (véxase o prego de cláusulas administrativas).

Pontevedra, 10 de xullo de 2014

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra