Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 22 de agosto de 2014 Páx. 36256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2014-0082 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 24 de xullo de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0082.

Interesado: Carlos Pérez Trians.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2013-0116.

Interesado: Santiago Saborido Sanlés.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2012-0144.

Interesado: Ion Daniel Furnica.

Acto notificado: primeira imposición de multa coercitiva e novo apercibimento de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0068.

Interesado: Dan Nicolae Plesca.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0008.

Interesado: Benilde Barros Fernández.

Acto notificado: cambio de instrutora no expediente sancionador.