Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 21 de agosto de 2014 Páx. 36072

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4778/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4778/2012 desta sección, seguido por instancia de Juan Rodríguez Naveira sobre desemprego, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto en nome e representación do Servizo Público de Emprego Estatal contra a sentenza do 30 de abril de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña, en autos 1188/2009, seguidos por instancia de Juan Rodríguez Naveira contra a empresa Construcciones Inocor, S.A., a administración concursal da referida empresa e contra a entidade xestora recorrente, por motivos de inadmisión do recurso de suplicación a sala declárase firme.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Inocor, S.L. coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 3 de xullo de 2014

A secretaria xudicial