Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 21 de agosto de 2014 Páx. 36104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 1 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para ser notificados por comparecencia nos expedientes SAN-CO-072/2014-SBP e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 1 de agosto de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: SAN-CO-072/2014-SBP.

Denunciada: Recollida de Aceite Vexetal, S.L.

Acto de notificación: incoación.

Expediente: SAN-CO-078/2014-MV.

Denunciado: Francisco Javier López Vila.

Acto de notificación: incoación.

Expediente: SAN-CO-102/2014-IA.

Denunciado: Javier Codesal Barral.

Acto de notificación: incoación.

Expediente: SAN-CO-110/2014-SBP.

Denunciado: Manuel Salgueiros Gómez.

Acto de notificación: incoación.

Expediente: SAN-CO-120/2014-IA.

Denunciado: José Eladio Angeriz Pazos.

Acto de notificación: incoación.