Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 21 de agosto de 2014 Páx. 36086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2012-0144 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 28 de xullo de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2012-0144.

Interesado: Ion Tiuga.

Acto notificado: primeira imposición de multa coercitiva e novo apercibimento de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2012-0150.

Interesado: Rubén Abuín Souto.

Acto notificado: primeira imposición de multa coercitiva e novo apercibimento de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2013-0124.

Interesado: Mariano Ramiro del Campo.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0048.

Interesado: Gheorghe Farcas.

Acto notificado: cambio de instrutora no expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0074.

Interesado: Herederos de Martín Iglesias Salorio, C.B.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.