Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a subministración de antenas de recepción en banda UHF IV/V e filtros de eliminación de banda 800 MHz, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (80 % de cofinanciamento), eixe 1, tema prioritario 10 (expediente 3-2014).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios da Presidencia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

c) Teléfonos: 981 54 43 81/981 54 58 74.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de antenas de recepción en banda UHF IV/V e filtros de eliminación de banda 800 MHz.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: catro semanas desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación e procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 72.000,00 €, máis 15.120,00 € en concepto de IVE, o que supón un total de 87.120 €.

5. Garantías. Provisional: non/Definitiva: si (o 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE).

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG (ás 14.00 horas).

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares e follas de especificacións técnicas.

c) Lugar de presentación:

• Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

• Por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro (fax: 981 54 12 89).

7. Obtención da documentación e da información.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no enderezo da internet
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20985, así como nas dependencias da Secretaría Xeral de Medios no Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Apertura de proposicións.

Anunciarase no perfil do contratante a convocatoria das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación.

Os sinalados no punto 10 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. O importe do anuncio relativo a esta contratación.

Será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade ao asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2014

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios