Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35926

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (750/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Antonio Castro Santiso, en despedimento, rexistrado co número 750/2012 se acordou citar as demandadas Semar Aluminio, S.L.; Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L.; Marcial García, S.L.; Marcial García Guillin, S.L.; María-Abel Tarrío Fernández; María del Carmen Guillin Rey e Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L. en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, sala de vistas 3, Pl. baixa, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 2.9.2014 ás 8.45 horas e ás 8.50 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que se encontra á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado o decreto de admisión da demanda así como copia desta, e demais resolucións ditadas neste presente procedemento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Semar Aluminio, S.L.; Sistemas Especiales Metálicos para la arquitectura, S.L.; Marcial García, S.L.; Marcial García Guillin, S.L.; María-Abel Tarrío Fernández; María del Carmen Guillin Rey, e Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L. expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2014

A secretaria xudicial