Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35906

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 11 de agosto de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG número 33, do 18 de febreiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.4. da convocatoria, que o cuarto exercicio da fase de oposición terá lugar o día tres (3) de setembro de 2014, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública, aula 7.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno, acreditativo da súa identidade ao xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2014

Rosa E. Fernández González
Presidenta suplente do tribunal