Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35780

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2014 pola que se actualizan os prezos públicos determinados no Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias Marítimo-Pesqueira e Agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desta consellería.

O Decreto 143/2013, do 12 de setembro, establece os prezos públicos exixibles polas prestacións dos servizos de residencia e comedor nos centros de formación das familias Marítimo-Pesqueira e Agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desta consellería.

Así mesmo, no seu artigo 6 determina que estes prezos se actualizarán o 1 de setembro de cada ano, na mesma proporción que a variación interanual experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para a Comunidade Autónoma de Galicia (IPC, base 2011), no mes de decembro, calculado polo Instituto Nacional de Estatística. Os prezos así actualizados faranse públicos mediante resolución da persoa titular da consellería con competencias en materias de pesca, agricultura e forestal, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Por isto, e en virtude do parágrafo primeiro do artigo 6 do Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias Marítimo-Pesqueira e Agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desta consellería,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar os prezos públicos exixibles polas prestacións dos servizos de residencia e/ou comedor nos centros de formación das familias Marítimo-Pesqueira e Agroforestal dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar, e pola matrícula nos cursos de especialización en materia de seguridade, supervivencia e loita contra incendios impartidos na Aula de Seguridade e Salvamento de Ferrol, mediante a aplicación da porcentaxe do 0,5 que é a variación interanual do índice xeral de prezos de consumo para a Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao mes de decembro de 2013, que quedan da maneira seguinte:

1. Catálogo de prezos públicos en residencias.

Servizo

Prezo/persoa

Residencia en pensión completa curso escolar completo

2.066,40 €

Residencia en pensión completa por período inferior a un curso escolar

11,55 €/día

Xantar por bono semanal de cinco días

23,62 €

Xantar diario non regular

5,25 €/día

2. Catálogo de prezos públicos de matrícula en cursos na Aula de Seguridade e Salvamento de Ferrol.

Curso

Prezo

Formación básica en seguridade (teórico)

409,50 €

Prácticas formación básica en seguridade

304,50 €

Avanzado en loita contra incendios

420,00 €

Embarcacións de supervivencia e botes de rescate (non rápidos)

472,50 €

Segundo. Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar