Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, mediante Resolución do 5 de xuño de 2014, publicada no DOG do 10 de xullo de 2014, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, esta directora xerente, en exercicio de competencia delegada no artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e en cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,
RESOLVO:
Adxudicarlle o posto ao solicitante que se indica no anexo desta resolución.
O adxudicatario deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.
A toma de posesión será dentro dos prazos previstos nas bases da convocatoria.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde a publicación, conforme o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).
Ourense, 30 de xullo de 2014
Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
ANEXO
Posto de traballo: xefe do Servizo de Atención Primaria (SAP) Novoa Santos, de Ourense.
Adxudicatario: Alberto José del Álamo Alonso. DNI: 07835939-T.