Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas as resolucións de non concesión de axudas ou subvencións ao Programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 2012), relativas aos expedientes TR341D 2012/1261-2 e 2012/1262-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselles saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 29 de xullo de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2012/1261-2.

Nome: Antonio Cancelo Fernández.

DNI/NIF: 33834518T.

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Último enderezo coñecido: estrada nacional 634, km 603, 27730 Abadín (Lugo).

Contido da resolución ditada o 10 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo: non conceder a axuda ou subvención solicitada dado o esgotamento do crédito suficiente no momento da resolución.

Nº de expediente: TR341D 2012/1262-2.

Nome: Antonio Cancelo Fernández.

DNI/NIF: 33834518T.

Axuda: axuda excepcional.

Último enderezo coñecido: estrada nacional 634, km 603, 27730 Abadín (Lugo).

Contido da resolución ditada o 10 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo: non conceder a axuda ou subvención solicitada dado o esgotamento do crédito suficiente no momento da resolución.