Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de dar de baixa a Federación do Metal da Confederación Intersindical Galega por fusión para a posterior creación dunha nova federación.

Na oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións empresariais e sindicais da Consellería de Traballo e Benestar recibiuse certificación asinada por Xoán Xosé Bouzas Aboi, relativa ao Congreso extraordinario de unificación das federacións do Metal e de Químicas-Enerxía da CIG, que tivo lugar o 10 de maio de 2014.

Vista a documentación presentada, e en virtude do disposto no artigo 28.d) da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e no artigo 21.3 do Real decreto 1497/2003, do 28 de novembro, procédese a dar de baixa nesta oficina a Federación do Metal da Confederación Intersindical Galega.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social