Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2014/18-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Aceites Abril, S.L.

Domicilio social: rúa 6, nº 18, 32901 San Cibrao das Viñas.

Denominación: LMT 180 m.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 180 m de lonxitude con condutor RHZ1 12/20 kV de 150 mm2 Al e orixe na LMT do expediente 2004/48 e final no CT existente Aceites Abril.

CT Aceites Abril, 2 de 1.250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 148.658,92 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 17 de xuño de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense