Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35545

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Vitra Ferrol, Sdad. Coop. Ltda. Galega en liquidación

ANUNCIO de liquidación.

Na asemblea xeral extraordinaria e universal de Vitra Ferrol, Sdad. Coop. Ltda. Galega, en liquidación, que tivo lugar o 14 de xullo de 2014 no domicilio social da cooperativa, adoptáronse por unanimidade os seguintes acordos:

Aprobar o balance final da liquidación e o proxecto de distribución do activo. O proxecto de distribución establece que o activo sobrante será distribuído entre os socios de acordo coa súa participación.

O balance final da cooperativa queda como segue:

Activo: 15,03 euros.

Pasivo: 15,03 euros.

O balance final e o proxecto de distribución do activo foron censurados polo interventor da cooperativa.

Ferrol, 14 de xullo de 2014

José Vidal Iglesias
Pedro Abeledo Sanjuan
Julio Abelleira Souto
Liquidadores