Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación dos expedientes sancionadores por infracción en materia de espectáculos públicos PO-190/14 NL e PO-218/14.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que deseguido se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de multas, por infraccións en materia de espectáculos públicos, cos números que se citan no anexo.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recursos de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberán aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Galicia Banco, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 7 de agosto de 2014

P.S. (Resolución 8.7.2011)
Ana Ortiz Álvarez
Secretaria territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expediente

Precepto infrinxido

Derradeiro enderezo

Resolución

Raquel Vázquez Méndez

35318027-D

PO-190/14 NL

Artigo 23.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Barón, 6, baixo

36002 Pontevedra

Multa de 600 €

Paula Nieto Moreira

44086125-R

PO-218/14

Artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Arco, 6

36003 Pontevedra

Multa de 90 €