Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Expediente: IN407A 2013/183-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS e CTS avenida da Coruña, nº 1 e anexo I.
Situación: concello de Culleredo.
Características técnicas:
Liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 30 m, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS. SMC-723, tramo entre o CT Vivendas Hnos. Conchado (expediente 113/1997) e o CT Burgo-Sol (expediente 194/1995), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, e final no centro de transformación avenida da Coruña, nº 1 proxectado.
Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15000/400/230 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 22 de xullo de 2014
P.A.
María Mar Ferreiro Broz
Xefa do Servizo de Administración Industrial