Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34709

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle (631/158/2014).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 28 de xullo de 2014, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o estudo de detalle de ordenación de volumes para a construción dunha cuberta sobre a pista de hóckey existente no Colexio Santa María do Mar, situado na avda. da Pasaxe, 69, na Coruña, presentado a trámite por Isidro González Modroño, en calidade de director do citado colexio.

En cumprimento do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o estudo de detalle sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, que se contarán desde o día seguiente á última publicación no DOG ou na prensa local, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación do estudo de detalle pode consultarse no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres, así como na páxina web do concello www.coruna.es/urbanismo

A Coruña, 31 de xullo de 2014

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo