Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de xullo de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/12/2013, devolta polo órgano notificador por resultar imposible a súa notificación.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 30 de xuño de 2014, resolución pola que se declaran ilegalizables as obras realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes en instalación de planta baixa de aglomerado en quente e ampliación de nave orixinaria, no lugar de Morgade, no concello do Saviñao.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Purificación Veiga López, como propietaria dun dos terreos onde se sitúan as obras, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2014

(Por substitución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística