Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica o requirimento de corrección de carencias detectadas no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento da documentación para o recoñecemento e rexistro como entidade con servizos de asesoramento e/ou xestión de Galicia (Resaxega).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado requirimento e constancia del.

En caso de non emendar as carencias detectadas procederase á suspensión da inscrición polo prazo máximo dun mes. Transcorrido este prazo sen que se emendasen as deficiencias, procederase á revogación da inscrición no Resaxega.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: recoñecemento da inscrición no Resaxega.

Interesada: Estudio Agrícola Cosmi, S.L.

Acto de notificación: requirimento.

Último enderezo coñecido: rúa República Arxentina, 2, 15680 Ordes, A Coruña.

Procedemento: recoñecemento da inscrición no Resaxega.

Interesada: Gestión del Entorno Agrario, S.L.L.

Acto de notificación: requirimento.

Último enderezo coñecido: rúa Antonio Rosón, 1, entresolo H, 27002 Lugo.

Procedemento: recoñecemento da inscrición no Resaxega.

Interesado: Asaja Ourense.

Acto de notificación: requirimento.

Último enderezo coñecido: rúa do Ribeiro, 73-B, 32400 Ribadavia, Ourense.

Procedemento: recoñecemento da inscrición no Resaxega.

Interesada: Asociación de Agricultores A Carosa.

Acto de notificación: requirimento.

Último enderezo coñecido: Casa do Concello, s/n, 32765 A Teixeira, Ourense.

Procedemento: recoñecemento da inscrición no Resaxega.

Interesada: Xertigan, S.C.G.

Acto de notificación: requirimento.

Último enderezo coñecido: lugar de Momán, s/n, 27826 Xermade, Lugo.

Procedemento: recoñecemento da inscrición no Resaxega.

Interesada: Gesvana, S.L.U.

Acto de notificación: requirimento.

Último enderezo coñecido: estrada de Madrid, nº 26, 27160 Nadela, Lugo.

Procedemento: recoñecemento da inscrición no Resaxega.

Interesado: Agroruris.

Acto de notificación: requirimento.

Último enderezo coñecido: praza Ravella, nº 13, 1º B, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

Procedemento: recoñecemento da inscrición no Resaxega.

Interesada: Xelda Eixo Rural, S.L.

Acto de notificación: requirimento.

Último enderezo coñecido: avda. Asturias, nº 2, 3º, 27100 A Fonsagrada, Lugo.

Procedemento: recoñecemento da inscrición no Resaxega.

Interesada: SAT A Pementeira.

Acto de notificación: requirimento .

Último enderezo coñecido: lugar Herbón, nº 69,15905 Padrón, A Coruña.

Procedemento: recoñecemento da inscrición no Resaxega.

Interesado: Val do Ulla-Horta.

Acto de notificación: requirimento.

Último enderezo coñecido: lugar Fufín, nº 8, 15885 Vedra, A Coruña.

Procedemento: recoñecemento da inscrición no Resaxega.

Interesada: Atlántica de Negocios Medioambientales.

Acto de notificación: requirimento.

Último enderezo coñecido: rúa Benigno Quiroga, nº 34, baixo, 27360 Láncara, Lugo.